Youtubeir@s - Concurso de vídeos na Rede




Youtubeir@s nace coa vontade de conseguir que haxa máis vídeos en galego na Rede. Este proxecto busca incitar e facilitar que todas as persoas compartan as súas habilidades e criterios, que poidan ser de interese para outras persoas, a través dunha canle onde miles de millóns de persoas descobren, visualizan e comparten vídeos. Trátase dunha iniciativa dos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove e das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.





Na Illa Bufarda deseñamos toda a imaxe de Youtubeir@s e do vídeo promocional, encargámonos da xestión do Concurso de vídeos na Rede, das redes sociais, da formación e da web youtubeiras.gal