A #escoladailla nace coa vontade de fomentar a creatividade e educar a mirada, axudando a crear espectadores/as críticos/as.

Na Illa Bufarda ofrecemos obradoiros para tódalas idades sempre enfocados dende as nosas áreas de traballo (o audiovisual, a animación e a fotografía...) tendo como eixo principal un tema cultural ou social.

Nos máis pequenos/as conxugamos o coñecemento cultural coa experimentación cos mecanismos e os procesos creativos da mensaxe audiovisual, tan omnipresente na actualidade. Traballamos dende idades temperás a conciencia crítica cos clichés mediáticos aos que se teñen que enfrontar no día a día: a mensaxe publicitaria, os estereotipos televisivos, o tratamento da información...

Confiamos no poder do proceso creativo audiovisual como un traballo para o crecemento persoal e o empoderamento de grupos de persoas con capacidades diversas ou problemáticas de integración social. Cremos, e así o demostramos, que o audiovisual é unha forma eficaz de expresar problemas e historias que doutro xeito están invisibilizadas.

Dende a #escoladailla achegamos o funcionamento do noso medio a colectivos, grupos de traballo, individuais, profesorado... para que entendan o audiovisual como unha ferramenta con moitas potencialidades na sociedade, como unha forma para preservar, difundir e comunicar a través dunha linguaxe accesible e chea de recursos creativos.

Podes ver tódolos traballos da #escoladailla nesta ligazón

Infórmate no Peirao!



A coelliña Marcela de Illa Bufarda en Vimeo.


Obradoiro de stop-motion con papel con nen@s de 8 a 12 anos na Biblioteca Municipal do Castrillón, na Coruña, dentro do programa Ler Conta Moito.


Os animais camiñan sobre a terra [Cine Sala Iago] de Illa Bufarda en Vimeo.


Obradoiro de stop-motion impartido a nen@s de 8 a 12 anos na Unitaria [Santiago de Compostela] dentro do programa do Festival Curtocircuito


Apocalipse no Metropol [Cine Metropol] de Illa Bufarda en Vimeo.


Obradoiro de stop-motion impartido a nen@s de 8 a 12 anos na Unitaria [Santiago de Compostela] dentro do programa do Festival Curtocircuito.


Vaite nordés! de Illa Bufarda en Vimeo.


Vídeo do proceso creativo de Vaite Nordés! no Obradoiro de Videocreación Musical impartido con Mónica de Nut en Cariño.


Vaite nordés! de Illa Bufarda en Vimeo.


Obradoiro de Videocreación Musical impartido con Mónica de Nut en Cariño a persoas adultas.


Como se fixo Pixilandia de Illa Bufarda en Vimeo.


Vídeo do proceso creativo de Pixilandia no Obradoiro de Videocreación Musical impartido con Mónica de Nut en Cariño.


Pixilandia de Illa Bufarda en Vimeo.


Obradoiro de Videocreación Musical impartido con Mónica de Nut en Cariño a adolescentes.


Selma de Illa Bufarda en Vimeo.


Obradoiro de animación dun conto con stop motion con papel dentro do programa Ler Conta Moito na Biblioteca Municipal Infantil Xuvenil da Coruña.


Destino Vigo de Illa Bufarda en Vimeo.


Obradoiro de stop motion Jazz de Plastilina dentro do Festival ImaxinaSons de Vigo.


Referendo de Grecia pixilado de Illa Bufarda en Vimeo.


Obradoiro de pixilación realizado na Unitaria (Santiago de Compostela).


O ladrón de palabras de Illa Bufarda en Vimeo.


Obradoiro de animacións stop motion con plastilina realizado no CPI de Xanceda (Mesía). Adaptación dun conto de Sechu Sende.


Televisión, un poema de Manolo Rivas de Illa Bufarda en Vimeo.


Obradoiro de stop motion con papel baseado no poema Historias do Fogar Carnívoro I impartido na Facultade de Línguas Hispanoromanas Universidade de Zadar [Croacia].


Historias do Fogar Carnivoro I de Illa Bufarda en Vimeo.


Stop motion con papel co poema Televisión de Manolo Rivas resultado do obradoiro impartido na Facultade de Línguas Hispanoromanas Universidade de Zadar [Croacia].



Obradoiro de stop motion con plastilina sobre unhas escena do filme Sempre Xonxa de Chano Piñeiro.


Curtametraxe resultado dun obradoiro de 36 horas no Centro de Recursos Íntegro con persoas con diversidade funcional. 2014


Obradoiro de animación stop motion con colaxe e recortables sobre un dos pioneiros do cinema galego, José Sellier e o seu primeiro filme. Formación realizada no contexto do Coruña Film Festival 2014.



Curtametraxe sobre o propio cinema. Experimentación cos conceptos básicos da linguaxe audiovisual en ton irónico. Obradoiro de videocreación para o Coruña Film Festival 2014.


QVG revitaliza a túa lingua! from Illa Bufarda on Vimeo.


Obradoiro de videocreación de formento do uso da lingua no CEIP Ramón Cabanillas de Santiago de Compostela.



Obradoiro animando a tradición oral con plastilina. Concello de Mesía.


Obradoiro animando a tradición oral con plastilina. Concello de Mesía.


Obradoiro animando a tradición oral con plastilina. Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela.


A historia real do Coruña Film from Illa Bufarda on Vimeo.




Cruña from Illa Bufarda on Vimeo.

Obradoiros de videocreación realizados no contexto do festival de cinema Coruma Film 2013.



Proxecto da #escoladailla organizado por Lilith Acción Social e Educativa e Cidadanía S. Coop. conxuntamente cos CEDIM (Centros de Dinamización Integral para as Mulleres en Galicia- Norte de Portugal) de Verín, A Cañiza, Tui e Vilaverde. A Cincenta viaxou pola raia con outr@s compañeir@s de contos para deconstruírense e así, comezar unha nova vida.
O alumnado experimentou todo o proceso creativo de videocreación ademais de traballar a igualdade de xénero a través dos roles e dos arquetipos narrativos.






Spot promocional da Supercapa. Vídeo realizado polo alumnado do I.E.S. A Sangriña da Guarda no obradoiro "A muller e os espazos"


Fotonovela realizada polo alumnado do I.E.S. A Sangriña (A Guarda) Peza audiovisual resultante dun obradoiro sobre o medo dende unha perspectiva de xénero.



Video-resumo dos obradoiros que impartimos a través do Programa de Letras Vivas en Vilasantar, Rois e Salvaterra do Miño nos que animamos lendas da zona empregando o stop-motion con plastilina.



Animación realizada polo alumnado do CEIP Présaras, en Vilasantar, durante o Obradoiro "Animando a tradición oral con plastilina" dentro do Programa Letras Vivas.



Obradoiro impartido por Illa Bufarda no IES Campo de San Alberto de Noia ao alumnado de 2º de Bacharelato. Cada participante fixo unha animación con obxectos e logo editámola ao mesmo tempo que aprendimos a usar o programa de edición de vídeo.



Animación realizada por 11 rapazas e rapaces de entre 6 e 9 anos na Biblioteca Municipal de Salvaterra do Miño, no obradoiro "Animando a tradición oral con plastilina", dentro do programa Letras Vivas.



Contan en Rois unha lenda que fala do Porviso...unha lenda que as rapazas e os rapaces da zona animaron con plastilina no obradoiro "Animando a Tradición Oral con Plastilina" dentro do programa de Letras Vivas.


Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.

Información ampliada en: www.fiosfora.gal











Tamaño Imaxe: 16:9 | 1280x720 | 1920 x 1080
Direción: Illa Bufarda
Guión e produción: Illa Bufarda
Produción executiva: Amarante Setem
Gravación, edición e postprodución: Illa Bufarda
Son directo: Carlos Sarille
Música: Mónica de Nut e Martin Messier
Moderador de entrevistas: Marcos Doespíritosanto Gallego
Maquetación e deseño gráfico: Illa Bufarda
País: Galiza
Xénero: Documental
Duración: 90 minutos
Data de estrea: 2015
Idioma Orixinal: Galego – español.
Subtítulos: Español e Inglés
Formato: DVD
Licenza: Creative Commons [BY-NC-ND]


Cobertura audiovisual da primeira edición da Compostela Mini Maker Faire
2 pezas | Vídeo resumo de 30 minutos | Vídeo promocional de 2 minutos


Flyer promocional para Restaurante Rúa

Idea e deseño: Illa Bufarda
Tradución: I do Translation


Actividade realizada nas Festas do Barrio de San Pedro en Xullo do 2015. Vídeo colaborativo coa técnica da pixilación.


Deseño de imaxe corporativa de Ana Seijo
Tarxetas de visita con impresión manual de Manchea


Deseño do disco FORTE de ITH


Vídeo de opinión do público á saída da obra no Teatro Municipa de Tui

Creación da identidade corporativa da axencia de tradución I do translation
















.





Vídeo promocional de Doutro Xeito Coworking. Animación realizada por Illa Bufarda e son composto por Lucas Rei.




Vídeo promocional dos Coworking Days en Doutro Xeito. Vídeo e montaxe de Illa Bufarda.


Flash-mob celebrado na Biblioteca Central do Campus de Ourense o día 25 de novemebro de 2014.

Mostra do deseño do Directorio da Asociación Galega de Editores e Editoras para promoción de feitas internacionais.





























Deseño marcapáxinas para a Asociación Galega de Editores na Feira de Frankfurt 2014