Promoción Kit Creativo
Campaña de promoción de Illa Bufarda a través dun concurso creativo. A promoción foi intensa a través das diferentes redes sociais (twitter, facebook e blog) e tamén se apoiou nun vídeo que explicaba os prazos e poñía en situación de coñecer as regras do xogo.



O premio estivo baixo un interrogante. Íanse dando pistas progresivamente ao longo das semanas sobre o que podía ser ese "kit creativo" que gañaría a mellor imaxe da illa imaxinaria.



A promoción, deste xeito, contou con varios eixos fundamentais de difusión nas redes:

- O vídeo promocional.
- As propias fotografías e vídeos dos participantes.
- As pistas sobre o contido do kit creativo.

E finalmente, a exposición de tódalas obras de tódol@s participantes no stand de Illa Bufarda no Culturgal 2012.